lunes, 8 de diciembre de 2014

Por que as abellas están en perigo de extinción

          As abellas son unha parte moi importante no ecosistema, xa que aparte de obter productos como a mel, tamén son elas as encargadas de levar a cabo a polinización, polo que as abellas son as responsables de que a maioría das especies vexetais se reproduzan.

          As abellas viven en grupos organizados por miles de individuos: a reina, os zánganos, e as obreiras. Estas últimas recollen o nectar e o polen das flores, e desposítaos na colmea.

          Na agricultura moderna apareceron novos productos para evitar que os insectos coman as prantas, que son perxudiciais para as abellas, posto que as matan.
       A Universidade de Reading informa que xa desapareceron catro especies de abellas en toda Europa, e tamén apunta, a que sucederá o mesmo en América do Norte e China.


          Como resposta á desaparición destes insectos, chega EPILOBEE, un programa, donde se recolecta todo tipo de información para axudar a estes insectos
Por primeira vez moitos países da Unión Europea, xuntáronse para manter o control respecto a natalidade e a mortalidade das colonias de abellas.


 Que podemos facer:

          O primeiro paso é prohibir os productos tóxicos para as abellas que están en uso. Por outro lado débense poñer en marcha plans para salvar as abellas. E a solución definitiva, é a adopción da agricultura esológica como vía para a producción sosteñible.



          Se vos gustou esta entrada, e queredes saber máis sobre o problema que están a atravesar as abellas, podedes mirar estes enlaces que vos deixo a continuación:

http://www.notimerica.com/sociedad/noticia-constante-extincion-abejas-pondria-peligro-raza-humana-20140227073947.html

http://www.leanoticias.com/2013/04/18/peligro-de-extincion-por-que-estan-muriendo-las-abejas/

http://www.publimetro.com.mx/vida/abejas-en-peligro-de-extincion/mmib!eaLD3S8qtHB3Q/

http://www.ecoosfera.com/2014/04/las-abejas-estan-oficialmente-en-peligro-de-extincion/

No hay comentarios:

Publicar un comentario