sábado, 18 de octubre de 2014

¿como nos afecta a contaminación?

               A contaminación, é a aparición de contaminantes peligrosos, xa sexa pola auga, polo aire ou polo solo. 

.


  Aparecen varios tipos de contaminacións:



          Contaminación na auga: A auga é imprescindible para a supervivencia dos seres vivos, pero este fermoso recurso contamínase con moita facilidade. A Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos, supervisa 80 contaminantes que inclúen a bacterias e virus, que poden afectar a auga potable.
Nestes contaminantes inclúense os productos químicos aplicados na agricultura: como os disolventes, os pesticidas ,...  que  poden dar lugar a problemas de saúde a corto ou a largo plazo para todos os seres vivos.



     Contaminación polo solo: Esta contaminación componse de particulas, líquidas e sólidas que se xuntan ao estar en contacto co solo, xa sexa por que as partículas estean unidas fisicamente ou por que teñan un espazo entre as particulas, e o solo. A contaminación prodúcese en cadea,  cando unha substancia perigosa se derrama ou se enterra no solo, a vexetación que crece por esa zona absorve as substancias perigosas a través das raíces, e os seres vivos que inxerimos estas prantas podemos enfermar. As persoas , e os animais tamén podemos inhalar particulas de pó que está presente no aire, ou absorver os productos químicos através da nosa pel.




     Contaminación polo aire: As particulas que contaminan o aire están formadas por substancias sólidas e gasosas, moitos dos cales son canceríxenos, polo que existe un maior número de daños no ser humano. 
Según un estudio feito pola Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos, os defectos de nacemento poden ser causados pola contaminación do aire, en 1995 encontrouse un vínculo entre a contaminación e mais os problemas respiratorios.


               Outro medio de contaminación aparte dos tres xa ditos, é unha da que as persoas somos culpables:  
O  LIXO

                 O lixo ademais de ser desagradable, é perigoso. A maioría do lixo componse de plástico e vidrio, que son materiais moi difíciles de descomporse no medio ambiente, polo que destrúe a beleza da paisaxe, e mata a nosa fauna, especialmente os animais mariños.
                 Para a xente, e especialmente para os meniños ou rapaces, estes obxectos poden ser especialmente perigosos xa que se poden mancar.



                  Todos os residuos que circulan polas alcantarillas, finalmente terminan no océano, o que pode probocar que algún animal acuático se enrrede con algún plástico, e morra. As substancias tóxicas do lixo, acumulanse nos peixes e demais animais, polo que nos estamos expoñendo a contaminación nos mismos.


domingo, 12 de octubre de 2014

Quen son?


     Ola moi boas, benvidos ao meu blogg, chámome Laura Ouviña e son estudante de primeiro de Bacharelato no IES Praia Barraña.

     Este blogg estará dedicado a materia de ciencias para o mundo contemporáneo, e nel irei publicando avances científicos, que espero sexan do voso agrado.