viernes, 14 de noviembre de 2014

dinosaurios, por que se extinguiron



          A causa da desaparición dos dinosaurios, fai 65 millóns de anos, foi un dos misterios que se lle plantexaron á ciencia .
          Os investigadores propuxéron múltiples teorías para explicar o porqué da desaparición repentina destes animais.

          O fin da época dos dinosaurios, foi unha época de moita actividade volcánica, esta podería ser unha das causas da súa desaparición. As cinzas  arrasaron con todo ao seu paso, matando plantas e animais que habitaban nese lugar,e as nubes de gas velenoso levando tamén consigo a morte de animais voadores.

Encontráronse fosiles de dinosaurios nunha rexión volcánica do norte de América, posiblemente mortos pola erupción dalgún volcán.

Outra das causas que se estudiaron foi un meteorito que impactou na terra por esa época.

As dúas  catástrofes puideron provocar a formación de grandes nubes de pó na atmósfera, capaces de ocultar o sol. 

Sábese  que fai 65 millóns de anos, ao final do periodo Cetáceo, un meteorito de casi 10 km de diámetro colisionou na terra. Este impacto arrasou con moitas rexións creando un inmenso maremoto, outra das consecuencias deste impacto foi unha inmensa cantidade de pó que escureceu o sol durante meses, polo que os animais morreron de frío. As prantas ao non poder vivir sin o sol desapareceron, e con elas os animais herbívoros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario