Retrásase o lanzamento do novo platiño voante da NASA
Este lanzamento poñerá a proba a tecnoloxía actual e poderá permitir o transporte de grandes cantidades de cargamentos a calquera parte da Terra e incluso a outros planetas como Marte.
A mala situación do océano pacífico obliga a pospoñer o lanzamento do proxecto do platiño voante da NASA, xa que a altura das olas é clave para conseguir recuperar os datos conseguidos ademáis da necesidade do uso de globos a gran altura e varios desaceleradores supersónicos.
O lanzamento comeza coa elevación da nave a unha altura de 37 kilómetros onde se lle fará unha análise, e se todo vai ben, o LDSD (desacelerador supersónico de baixa densidade) soltarase do globo e alcanzará unha altura de 55 kilómetros. Unha vez alcanzada esa altura, comezará o descenso que ademáis de probar o colchón hinchable e os paracaídas supersónicos permitirá saber a carga que se pode levar nel. Todo un proxecto, coa vista posta nunha futura misión a Marte.


No hay comentarios:
Publicar un comentario